Iniciamos proximamente grupo de Formador Ocupacional, finais de abril ou primeiros de maio, facilidades de pago.
Pide información sen compromiso!
O obxectivo principal deste curso é formar a profesionais con necesidades de cualificación profesional, que traballen ou queiran traballar no ámbito da docencia da formación profesional para o emprego.
Para lograr este obxectivo ensinarase a programar, tutorizar e avaliar accións formativas do subsistema de formación profesional para o emprego, elaborando e utilizando materiais, medios e recursos didácticos. Ademais, capacitarase ao alumno para ir orientando sobre os itinerarios formativos e saídas profesionais que ofrece o mercado laboral na súa especialidade e promovendo de forma permanente a calidade da formación e a actualización didáctica.
Para poder acceder ao curso o alumno debe cumprir con algún dos seguintes requisitos:
Demostrar ou acreditar unha mínima formación necesaria nos ámbitos de:
Este certificado de profesionalidade está dirixido a todos aqueles profesionais que exerzan o seu traballo no ámbito da docencia, así como calquera persoa traballadora ou desempregada que queira iniciarse nas funcións relacionadas coa docencia da formación profesional para o emprego.
O profesional que realice o curso poderá desenvolver a súa actividade profesional, no ámbito público e privado, en centros ou entidades que impartan formación profesional para o emprego, tanto para traballadores en activo, en situación de desemprego, así como a colectivos especiais. O seu desempeño profesional lévao a cabo en empresas, organizacións e entidades de carácter público ou privado, que impartan formación por conta propia ou allea.
As ocupacións ou postos de traballo relacionados co curso son: